Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7485

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

EDICTO de exposición pública.

Lourenço Francisco da Silva Moreira solicitou unha licenza municipal para a apertura da actividade de venda polo miúdo de mobles na rúa Fonte Estrei, núm. 28-30 baixo 2, de Ordes, cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo e Aperturas deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Ordes, 21 de decembro de 2011.

Manuel Regos Boquete
Alcalde