Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 10 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica unha resolución xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día coa resolución ditada no procedemento instado polo interesado, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse reclamación previa ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto na letra s) do artigo 2 e no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 10 de febreiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Antonio Ortiz Martínez.

DNI: 39458973-N.

Número de expediente: 36/0000388-J/11.

Notificación: resolución de cancelación por desistencia do dereito á prestación social.

Motivo: traslado da residencia fóra do territorio español.