Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 9 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica unha resolución xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante RXAP-PAC), ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día coa resolución ditada no procedemento instado polo interesado, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse reclamación previa á vía da xurisdición social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 9 de febreiro de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Paulino Cabaleiro González.

DNI: 35585364-V.

Número de expediente: 36/0000853-I/08.

Notificación: resolución de extinción do dereito á prestación social.

Motivo: traslado da residencia fóra do territorio español.