De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último enderezo que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.
Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo.
N.º de expedientes: 2006/221-5, 2006/222-5, 2006/223-5 e 2006/224-5.
Interesados: Vicente Luís Teixeira Jiménez, Amor Barrul Jiménez e M.ª Dolores Berrio Pérez.
Enderezo: descoñecido.
Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 19 de decembro de 2011.
Vigo, 18 de xaneiro de 2012.
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo