Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona reintegro de execución de avais do Igape pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Ferlosa, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase reintegro de execución de avais do Igape pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4.º, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Liquidación

Importe

Ferlosa, S.A.

B27010784

Lg. Medas del Castillo

27320 Quiroga (Lugo)

500110023661

582.325,65 €