Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de febreiro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (García Martín, Araceli Natividad e García Soto, Joaquín).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8-4.º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

García Martín, Araceli Natividad

357355G

R/ Princesa, 46 12 1, 29002 Málaga

500110015972

449,65 €

García Soto, Joaquín

32843329L

Avda. Arteixo, 73 12 dta., 15007 A Coruña

500100013745

236,61 €