Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2012, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se informa que se dá a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade co Acordo da Dirección Xeral de Tributos do 16 de febreiro de 2012, infórmase que o día 22.3.2012 ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña, (sita na praza de Pontevedra, 22) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir, xunto cos doce lotes publicados anteriormente no DOG do 20 de febreiro de 2012:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

13

Vivenda sita na rolda de Outeiro número 271 B, piso 14, porta esquerda da Coruña, cunha superficie útil de cincuenta e nove metros, vinte e oito decímetros cadrados. Referencia catastral 681605NJ4061N0199GQ. Inscrición. Predio 36673 do Rexistro da Propiedade n.º 1 da Coruña.

105.015,20 €

92.496,00 €

12.519,20 €

100 €

14

100% das participacións sociais, numeradas da 1 a 500, da mercantil Antonio López Fidalgo, S.L., con CIF: B15607989 e enderezo na rúa Vila de Negreira, 60 da Coruña.

7.277,71 €

7.277,71 €

100 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20% do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado, nese caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 23 de febreiro de 2012.

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña