Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2012, do recadador de zona da Coruña, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Farocasen, S.L. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 1-1.º C), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado

NIF

Procedemento

Farocasen, S.L.

B15997901

Not. Ac. Sub. predio 22.3.2012

Otero Amenal, José

44805178M

Not. Ac. Sub. predio 22.3.2012

Servinoia, S.L.

B15417272

Not. Ac. Sub. vehículo 22.3.2012

Sol de la Plata, S.L.

B15988827

Not. Ac. Sub. predio 22.3.2012