Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no requerimento RQ-L-2012-005.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do servizo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura provincial sita na rúa Fernández Ladreda 43, 4.º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2012.

José Luis Rodríguez Fernández
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: RQ-L-2012-005.

Interesado: herdeiros de José Rodríguez Domínguez.

Acto notificado: requirimento de limpeza.