Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2011/95-2, 7932 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica José Matanza García, S.L.

Domicilio social: r/ Casares, 11, 27528 Carballedo, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Alto Bustelo.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas:

– L.M.T.A. con orixe nun apoio da liña principal da hidroeléctrica José Matanza e final no C.T.I. proxectado, cunha lonxitude de 341 metros en condutor tipo LA-56 tensado sobre apoios de formigón proxectados.

– C.T.I. Alto Bustelo cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.A. con orixe no C.T. Alto Bustelo, cunha lonxitude de 590 metros en condutor tipo R.Z.-95 (substitución de LC-28 existente) tensado sobre apoios de formigón existentes e proxectados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo