Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de información pública relativo á modificación do Plan Especial de Reforma Interior número 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbanística da Guarda.

Aprobado inicialmente por Resolución da Alcaldía 87/2012 do 7 de febreiro de 2012 a modificación do Plan Especial de Reforma Interior n.º 5 (proxecto reformado 2010), en desenvolvemento do PXOU da Guarda, e de conformidade co disposto no artigo 116 do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, e no Regulamento de planeamento, sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no DOG, durante o cal poderá ser examinado o correspondente expediente na oficina de urbanismo, e formular perante esta Alcaldía as alegacións que se consideren oportunas.

A Guarda, 7 de febreiro de 2012.

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde