Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de febreiro de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 13-14-12-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do R.D. 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos existentes no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no edificio de Área Central; praza de Europa, 5A-6.º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que xulguen convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera destas entidades bancarias.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de División Xurídica

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último domicilio coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-14-12-01

Celador do porto

José Gómez Romay

Rúa do Peirao, 14-2.º, Samieira, 36995 Poio (Pontevedra)

Atracada non autorizada.

28.6.2011; Combarro (Pontevedra)

Artigo 306.1.a) do R.D.L. 2/2011, TRLPEMM

Artigo 19 da O.M. do 12.6.1976

Artigo 312 do R.D.L. 2/2011, TRLPEMM

300 €