De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado indicado no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, CP 15703, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012
Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Expediente: IN414E-2010-2861.
Entidade colaboradora: Clysernor, S.L.
Interesado: Antonio Blanco Prado.
Acto que se notifica: resolución de denegación.