Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de aprobación inicial do plan especial de servizo de tanatorio.

A Xunta de Goberno local, na súa sesión do 9 de decembro de 2011, acordou aprobar inicialmente o plan especial de infraestruturas para instalación do servizo de tanatorio, tramitado por instancia de Funeraria Mariano, S.L., o que se fai público durante o prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 86.1.A da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servizo de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 27 de xaneiro de 2012.

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente