Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para equipamento sociosanitario.

Tras ser aprobada inicialmente a reforma do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para equipamento sociosanitario presentado por Doral Residencias Gestión Sociosanitaria, S.L, expediente 2011/149, por acordo do Pleno do Concello adoptado o 31 de outubro de 2011, con estrito cumprimento dos requisitos exixidos polos artigos 33.2.g) e 71 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección del medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, que se computará o período desde a data seguinte ao da última publicación.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Mos, 27 de xaneiro de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo