Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8232

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre licenza para taller mecánico.

Neste concello está en trámite o expediente promovido por FCC, S.A. para a obtención de licenza de taller mecánico para mantemento de vehículos propios na parcela 9.ª do polígono do Reboredo.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que poidan examinalo, na Secretaría do Concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Monforte de Lemos, 23 de xaneiro de 2012.

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde