Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública da L.A.T. 132 kV O Porriño-Frieira II, tramo subestación Atios apoio 12 (expediente IN407A 2007/257-4).

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no DOG n.º 46, do 6 de marzo, cómpre efectuar a súa corrección.

Na páxina 8204, no sumario, onde di: «Resolución do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública da L.A.T. 132 kV O Porriño-Frieira II, tramo subestación Atios apoio 12 (expediente IN407A 2007/257-4)», debe dicir: «Resolución do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se declara a utilidade pública da L.A.T. 132 kV O Porriño-Frieira II, repotenciación a 220 kV, tramo subestación Atios apoio 12 (expediente IN407A 2007/257-4)».