Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación Burela 132/20 kV -substitución transformador de potencia T-1 e novo transformador T-2 132/20 kV, no termo municipal de Burela (Lugo) (expediente IN407A 2011/84-2, 7903 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A., con enderezo para efectos de notificación na r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º 27002 Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 28 de xuño de 2011, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da citada instalación, presentando a preceptiva documentación a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo. As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

– Substitución do transformador actual T-1 de 36 mVA 132/20 kV por un de 40 mVA.

–Instalación dun novo transformador T-2, de 40 mVA 132/20 kV nunha posición autorizada de reserva.

– Instalación dun transformador de servizos auxiliares TSA-2, de 160 kVA 20.000/380-220 V.

– 3 autoválvulas para protección do transformador na saída de 132 kV.

Concello: Burela (Lugo).

Terceiro. Por Resolución do 3 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións eléctricas do devandito proxecto de execución, e publicáronse no DOG do 25 de outubro de 2011 e no BOP de Lugo do 26 de outubro de 2011. Con data do 27 de outubro de 2011, dítase unha nova resolución que substitúe a anterior, ao conter esta un erro relativo ás características técnicas da instalación, corrección de erros publicada no DOG do 4 de novembro de 2011.

Cuarto. Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non consta a presentación de alegacións.

Quinto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, de ser o caso, establecesen o condicionado procedente.

Sexto. A solicitude obxecto deste expediente conta co informe favorable da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 79/2009, do 19 de abril e Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das súas consellerías desta (DOG do 20.4.2009 e 5.1.2012, respectivamente), Decreto 324/2009, do 11 de xuño (DOG do 17.6.2009), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, modificada pola Lei 17/2007, do 4 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto cumpre o disposto no Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, aprobado polo Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente a ampliación da subestación Burela 132/20 kV-substitución transformador de potencia T-1 e novo transformador T-2 132/20 kV, no termo municipal de Burela (Lugo).

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial Juan Luis Martos Arroyo, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Cantabria, con núm. de visado dixital e261-2011, con data do 25 de maio de 2011, e cun orzamento de 1.340.491,67 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, e as súas instrucións técnicas complementarias, de acordo co Real decreto 3275/1982, de 12 de novembro, e ordes posteriores, así como as demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación da presente resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídas pola empresa promotora.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas