Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8352

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 17 de febreiro de 2012 pola que se fixa o prezo de venda ao público dunha publicación editada por esta consellería.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios…………………….10 euros