Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8427

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Neves

ANUNCIO de aprobación inicial del Plan especial de infraestruturas e dotacións para execución ou implantación dun tanatorio.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación dun tanatorio na Rotea-Tortoreos, de iniciativa particular, tramitado por instancia de Miguel Ángel García Salazar en representación de Funeraria Palacius, S.L., pola Xunta de Goberno local en sesión que tivo lugar o 3 de febreiro de 2012, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG e en dous xornais, contando o referido prazo a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, co fin de que formulen as alegacións que estimen oportunas ou obteñan as copias que precisen.

Quedan suspendidas as licenzas en todo o ámbito do Plan de infraestruturas e dotacións obxecto de aprobación inicial, nunha superficie catastral aproximada de 4.500 m2, durante un período máximo de dous anos.

As Neves, 8 de febreiro de 2012.

Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente