Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8428

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de dous policías locais como funcionarios.

O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante Resolución do 25 de xaneiro de 2012, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

– Benito Souto Calviño, con DNI: 53115505-H, para ocupar unha praza de policía do corpo da Policía local, da escala básica de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso, quenda mobilidade horizontal, e da que tomará posesión con efectos económicos e administrativos do 1 de febreiro de 2012.

– Luis Miguel García Lareu, con DNI 77404832-B, para ocupar unha praza vacante de policía do corpo da Policía local, da escala básica de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición, quenda libre, e da que tomará posesión con efectos económicos e administrativos do 1 de febreiro de 2012.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as precedentes resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 161.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2012.

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde