Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8429

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de dous policías locais como funcionarios en prácticas.

O concelleiro responsable da Área de Réxime Interior e Persoal, mediante resolucións do 13 de xaneiro e do 16 de xaneiro de 2012, nomeou funcionarios en prácticas deste concello a:

– Juan José Abilleira Argibay, con DNI 44086999-R, para ocupar unha praza de policía do corpo da Policía local, o cal deberá superar, para ser nomeado como funcionario de carreira, o curso selectivo da mesma categoría que comezará o día 16 de xaneiro de 2012 na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o período de prácticas que con posterioridade desenvolverá como policía no corpo da Policía local deste concello.

– Jorge Antonio Álvarez Santiago, con DNI 77417059-W, para ocupar unha praza de policía do corpo da Policía local, o cal deberá superar, para ser nomeado como funcionario de carreira, o curso selectivo da mesma categoría que comeza o día 16 de xaneiro de 2012 na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o período de prácticas que con posterioridade desenvolverá como policía no corpo da Policía local deste concello.

Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as precedentes resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 161.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 2 de febreiro de 2012.

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde