Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal de obras de construción, instalación e apertura dun tanatorio-crematorio en San Amaro.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e o disposto no artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, polo que se regula a policía sanitaria e mortuoria, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente n.º 44984/10, tramitado por instancia de Sempsa, representada por Carlos Ruibal Casal, en solicitude de licenzas municipais de obras de construción, instalación e apertura dun tanatorio-crematorio en San Amaro, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2012.

Antonio Louro Goyanes
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo