Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8445

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Gonzalo José Ordóñez Puime
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2011,
do 27 de outubro, do turismo de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia na súa reunión do día 2 de febreiro de 2012 adoptou o seguinte acordo:

1.º Iniciar negociacións para resolver as discrepancias suscitadas en relación cos artigos 35, letra m); 41.3; 45; 86, e 90.3 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

2.º Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3.º Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se recollen, así como inserir este acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 2 de febreiro de 2012. Cristóbal Montoro Romero, ministro de Facenda e Administracións Públicas. Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.