Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8443

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 17 de febreiro de 2012 pola que se clasifica de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia a Fundación Roberto Rivas.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación Roberto Rivas con domicilio na rúa Senra, número 27-29, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos:

1. Roberto José Rivas Martínez, presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Roberto Rivas foi constituída en escritura pública outorgada en Madrid, o 21 de decembro de 2011, ante o notario Carlos Ruíz-Rivas Hernando, co número de protocolo 2.658, Roberto Rivas Martínez que actúa no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto: o fomento da economía produtiva galega a través de todo tipo de actividades e manifestacións, mediante a investigación científica nos ámbitos industriais, agrícolas, gandeiros e forestais, aínda biolóxicos e farmacolóxicos que colaboren ao fomento da saúde.

4. O padroado inicial da Fundación está formado Roberto José Rivas Martínez, como presidente; María Eugenia Espinosa de los Monteros y Ortiz de Zeballos, como vicepresidenta; e Javier Torrico y Torrico, como secretario.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia da Fundación Roberto Rivas, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da comisión de secretarios, procede a súa clasificación como de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia e a súa adscrición á Consellería de Economía e Industria.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, corresponde a esta Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 14 de febreiro de 2012.

DISPOÑO:

Clasificar de interese para o fomento da economía produtiva de Galicia a Fundación Roberto Rivas, adscribíndoa ao protectorado da Consellería de Economía e Industria.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza