Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8447

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 7 de marzo de 2012 pola que se establecen as condicións da emisión de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 115 millóns de euros.

Con base no artigo 35 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, autorízase a realización das operacións financeiras recollidas na indicada lei, mediante a emisión de débeda pública ou a concertación de créditos.

Así mesmo, no artigo 33 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia establécese que as emisións de débeda pública ou operacións de crédito que realice a comunidade terán que ser autorizadas, en todo caso, polo conselleiro de Economía e Facenda dentro dos límites sinalados pola lei, ao cal corresponderá, tamén, autorizar as súas características técnicas e o seu tipo de xuro, se estes non fosen determinados pola súa lei de creación. Esta facultade corresponde na actualidade á conselleira de Facenda en virtude da nova estruturación dos departamentos da Xunta de Galicia, regulada por los decretos 1/2012, de 3 de enero, y 13/2012, de 4 de enero.

Mediante acordos do Consello de Ministros do 27 de xaneiro de 2012 e 17 de febreiro de 2012, obtívose a autorización establecida no artigo 14.3 da Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único.

Esta orde ten por obxecto realizar unha emisión de débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia (o «emisor») por un importe nominal de 115 millóns de euros. Esta emisión realízase baixo a forma de obrigacións senior, non garantidas e non subordinadas da Xunta de Galicia (as «obrigacións»), representadas mediante anotacións en conta, ao amparo dos artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, do mercado de valores.

A emisión de débeda pública que autoriza a presente orde terá as características que se detallan a continuación:

Importe nominal da emisión: cento quince (115) millóns de euros.

Data da emisión e desembolsamento: 9 de marzo de 2012.

Data de vencemento: 9 de marzo de 2015, con suxeición á convención de día hábil seguinte non axustado (following unadjusted), e sen prexuízo da posibilidade de amortización anticipada, segundo se prevé máis adiante.

Prezo de emisión por obriga: a par (100% do importe nominal de cada obriga) libre de gastos) para o subscritor.

Importe nominal de cada obriga: cincuenta mil (50.000) euros.

Entidade colocadora: Banco Etcheverría, S.A.

Subscrición: a emisión das obrigacións está destinada a investidores cualificados e o seu desembolso será realizado a través da entidade colocadora da emisión na data de emisión e desembolso, coa intervención do Banco de España de acordo cos procedementos que este ten establecidos para os membros do mercado de débeda pública en anotacións.

Cupón: as obrigacións devengarán e o emisor pagará un cupón anual por ano vencido, o día 9 de cada mes de marzo, a partir do 9 de marzo de 2013 e ata a data de vencemento (ambas inclusive), ao tipo de xuro e conforme os períodos de devengo de cupóns referidos a continuación.

Non obstante, no caso de amortización anticipada, e respecto das obrigacións que se amorticen anticipadamente, o emisor pagará na data ou datas de amortización anticipada, o cupón devengado desde a última data de pagamento de cupón ata a data de amortización anticipada.

Cada período de devengo de cupóns vai desde unha data de pagamento de cupóns (inclusive), á seguinte (excluída), no entendemento de que o primeiro período de devengo de cupóns comezará na data de emisión e desembolso e o último finalizará na data de vencemento ou amortización anticipada.

Convención de día hábil: cando calquera data de pagamento teña a consideración de inhábil no sistema Target, ou aquel que poida substituílo no futuro, o pagamento dos cupóns e o reembolso pola amortización das obrigacións efectuarase no día hábil seguinte segundo o calendario do dito sistema.

O tedor dos valores non terá dereito a percibir xuros como consecuencia dese posible retraso.

Nos casos en que, de acordo coa lexislación vixente, sexa aplicable a devolución da retención practicada nos cupóns desta emisión, será o Banco de España quen xestione o correspondente procedemento, segundo se establece na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 16 de xuño de 2004, publicada no Diario Oficial de Galicia o 18 de xuño de 2004.

Cotización: as obrigacións estarán representadas mediante anotacións en conta e inscritas na Sociedad de Gestión de los Sistemas de Registro, Compensación y Liquidación de Valores, S.A. (Iberclear) e solicitarase a súa admisión a negociación no mercado de débeda pública en anotacións na forma prevista en los artigos 55 e seguintes da Lei 24/1988, do 28 de xullo, de mercado de valores, y nos demais preceptos legais aplicables na materia.

Fiscalidade: de conformidade co previsto no artigo 14.5 de la Lei orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de financiamento das comunidades autónomas, esta emisión goza dos mesmos beneficios e condicións que a débeda pública do Estado.

Amortización das obrigacións:

As obrigacións serán amortizadas na súa totalidade á par (100% do importe nominal de cada obrigación), na data de vencemento, o 9 de marzo de 2015.

Así mesmo, os tedores das obrigacións poderán solicitar a amortización anticipada da totalidade ou parte das obrigacións da súa titularidade na data do 30 de decembro de 2012, 30 de decembro de 2013 ou do 30 de decembro de 2014, no caso de que lles afecten posibles cambios na normativa das entidades financeiras, empeorando a contabilización ou cómputo dos bonos emitidos na presente emisión. O proceso realizarase mediante o envío o emisor dun escrito de notificación de amortización anticipada, que deberá remitirse cun mínimo de 30 días hábiles antes da data en que deba producirse a amortización anticipada o enderezo Consellería de Facenda, Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 15781, Santiago de Compostela e no que deberá constar o importe nominal total das obrigacións das que é titular e respecto das cales se solicita a amortización; se isto ocure, o emisor pagará os cupóns devengados desde a última data de pagamento de cupón ata a data de amortización anticipada, segundo a base de pagamento recollida no parágrafo final do seguinte punto.

Tipo de xuro: para cada un dos períodos de xuro, o tipo de xuro será o 4,91% nominal anual.

Os xuros calcularanse sobre a base de cálculo «Act/Act», sen axuste ningún de cada período de devengo de cupóns como resultado da convención de día hábil. Para tales efectos «Act/Act» ten o significado que se lle asigna nas definicións ISDA 2006 publicadas pola International Swaps and Derivatives Association.

Pagamento de xuros e amortización: o pagamento dos xuros e a amortización da débeda realizaranse polo Banco de España, de acordo co establecido no convenio marco, con data do 7 de novembro de 2005, sobre prestación do servizo de tesouraría e do servizo financeiro da débeda pública.

Lei aplicable: as obrigacións e todas as cuestións que se deriven ou garden relación coas obrigacións rexeranse e interpretaranse de conformidade coas leis españolas.

Xurisdición: os tribunais da cidade de Santiago de Compostela teñen xurisdición exclusiva para resolver calquera disputa que xurda ou estea relacionada coas obrigacións.

Disposición derradeira única.

Esta orde terá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda