O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mañón, coas adaptacións á Lei 2/2010, todos os documentos integrantes do expediente tramitados e o informe de sustentabilidade ambiental, sométese á consulta prevista no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.
En cumprimento do artigo referido e do disposto no documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica, ponse á disposición do público, para que os interesados o examinen e formulen observacións, durante o prazo de dous meses contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Mañón, 1 de marzo de 2012.
Alfonso Emilio Balseiro Gómez
Alcalde