Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO de apertura do prazo de presentanción de instancias para unha praza de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 132, do 15 de xuño de 2011, publicáronse as bases da convocatoria para cubrir, mediante o sistema de concurso-oposición restrinxido con dispensa dos requisitos de idade e estatura, dunha praza de policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, incluída na oferta de emprego pública do Concello de Maceda para o ano 2008.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria sairán publicados unicamente no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello.

Maceda, 13 de febreiro de 2012.

Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde