Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO de información pública relativo a unha ponte de lavado automático de turismos.

Emilio González Parente, en representación de Estación de Servicio Maceda, S.L., solicitou neste concello licenza de obra e actividade para a instalación dunha ponte de lavado de turismos automática, na estación de servizo Maceda, sita na rúa das Flores 29, en Maceda. De conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de 20 días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, mediante anuncio no BOP de Ourense, no DOG e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente na secretaría do Concello de Maceda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, se é o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos. Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou cando se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se puider efectuar.

Maceda, 8 de agosto de 2011.

Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde