Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, en favor da Comunidade Autónoma, de Eugenia Fernández Silva.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, por auto ditado o 19 de xullo de 2011, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira universal dos bens de Eugenia Fernández Silva, veciña da Coruña.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1.º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o artigo 269 da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, aplicable a esta sucesión, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual do causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Eugenia Fernández Silva, falecida no municipio de Culleredo o 19 de novembro de 2009, formulen as alegacións que consideren pertinentes perante a Consellería de Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo na rúa Pastoriza n.º 8, 2.º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

María Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda