O texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta á persoa titular da Consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento como vogal no Consello de Administración da autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao de Cristina Ortiz Dorda en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar