Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2012 pola que se fai pública a adxudicación dun local de negocio e a declaración de deserto do resto dos locais de negocio propiedade do Instituto que foron ofertados mediante poxa pública (expediente IGVS 10-11).

Con data do 22 de novembro de 2011 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio do Instituto Galego da Vivenda e Solo polo que se ofertaba en réxime de venda ou alugueiro de locais de negocio propiedade deste organismo mediante poxa pública (expediente IGVS 10-11).

Por Resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de febreiro de 2012, en virtude das competencias conferidas pola Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de competencias en materia de contratación do presidente do dito organismo, e de acordo coa Lei 30/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e o 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve, e sobre a base do disposto na proposta formulada con data do 25 de xaneiro de 2012 pola mesa de contratación constituída na Área Provincial do IGVS en Pontevedra e, en cumprimento do previsto no artigo 151.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, do 14 de novembro de 2011, resolveu declarar deserta a poxa pública de locais de negocio propiedade do IGVS por non presentarse proposicións para os locais ofertados agás para o local de negocio sito na rúa Sierra, n.º 9-baixo esquerda (PO-741_9058) de Pontevedra, que foi adxudicado á empresa Estratexia Plus, S.L. pola cantidade de 72.727,24 euros, IVE excluído.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo