Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións do 14 e do 24 de decembro de 2011 de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia e axuda excepcional, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 25 de marzo), relativa aos expedientes TR341D 2011/1187-2 e TR341D 2011/1188-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de febreiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/1187-2.

Nome: Lorena Iglesias Morandeira.

DNI/NIF: 33338765-N.

Último enderezo coñecido: rúa Río Navia, 36, 3.º esq., 27004 Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.

N.º de expediente: TR341D 2011/1188-2.

Nome: Lorena Iglesias Morandeira.

DNI/NIF: 33338765-N.

Último enderezo coñecido: rúa Río Navia, 36, 3.º esq., 27004 Lugo.

Procedemento: axuda excepcional.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.