Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicos varios inicios de procedemento de reintegro de axudas ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 24 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio) relativos ao expediente TR345B 2007/46-2 e dous máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de febreiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR345B 2007/46-2.

Nome: Dosigle Asociadas, S.L.

DNI/NIF: B27341866.

Último enderezo coñecido: r/ Millara, 13, 27002 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 24 de maio de 2007, non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

N.º de expediente: TR345B 2007/63-2.

Nome: Marcos Laureda Díaz.

DNI/NIF: 44455451-Q.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Severino Vega, 9, baixo esq., 27600 Sarria, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 24 de maio de 2007, non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.

N.º de expediente: TR345B 2007/135-2.

Nome: Automotor Sarria, S.L.

DNI/NIF: B27333152.

Último enderezo coñecido: estr. com. 546, p.q. 21,750, Betote, 27617 Sarria. Lugo.