Advertido erro no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 46 do martes 6 de marzo de 2012, corpo de profesores de música e artes escénicas:
– Disciplina de fundamentos de composición (594412), en titulacións debe eliminarse a seguinte titulación: «Título superior de música na especialidade de pedagoxía, opción pedagoxía da linguaxe e a educación musical (Real decreto 617/1995)».
O prazo para presentar a instancia de solicitude amplíase en dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta modificación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2012.
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos