Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9272

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do Vieiro no ámbito da área de execución integral número 1 (AE-1).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 27 febreiro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PERI do Vieiro, presentado no Rexistro con data do 5 de decembro de 2011 e, redactado polo arquitecto César Coll, por instancia da Inmobiliaria Outeiro de Sar, Oudesa, S.L.

O acordo de aprobación inicial determina, ex lege, consonte o establecido no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito obxecto da modificación, en canto poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proxectada.

Segundo. En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1.a) da LOUG, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación persoal aos propietarios catastrais das parcelas afectadas, e publicarase o correspondente edicto no Boletín Oficial da provincia.

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Gerardo Conde Roa
Alcalde