Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionaria de carreira dunha policía local.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior e Persoal mediante Resolución do 23 de febreiro de 2012 nomeou funcionaria de carreira deste concello a:

– Berta Novas Rodríguez, con DNI 52497865-C, para ocupar unha praza de policía da Policía Local da escala básica de Administración especial, subescala servizos especiais clase policía local, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso, quenda mobilidade horizontal da OEP de 2010, tomando posesión con efectos económicos e administrativos do 1 de marzo de 2012.

O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a precedente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor os interesados ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificaión, ao amparo do establecido no artigo 161.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999 pola que se modifica a primeira, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, o interesado tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente conforme dereito.

Pontevedra, 1 de marzo de 2012.

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde