Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública do convenio urbanístico entre o Concello da Pastoriza e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Ao abeiro do previsto no artigo 235 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o día 7 de marzo de 2012 procedeuse á sinatura do convenio urbanístico entre o Concello da Pastoriza e a Diócese de Mondoñedo-Ferrol para a formación e execución do planeamento en terreos situados en Bretoña, neste municipio da Pastoriza.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 237 da citada lei, sométese o citado convenio ao trámite de información pública, polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consultar o expediente na secretaría deste concello e formular as alegacións que consideren oportunas.

A eficacia do convenio queda condicionada en todo caso á ulterior ratificación do seu texto definitivo polo pleno municipal, unha vez que se cumpra o trámite de información pública.

Pastoriza, 8 de marzo de 2012.

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde