Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10179

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.A. 864/2011, interposto por Anabel González Quintairos.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 864/2011, interposto por Anabel González Quintairos, contra a Resolución do 17 de outubro de 2011, da conselleira de Facenda, pola que se rexeita o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 23 de xuño de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso ás categorías correspondentes aos grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 26 de decembro de 2002 (DOG n.º 2, do 3 de xaneiro), pola que se anuncia a relación de aspirantes que superaron a proba de recoñecemento médico.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública