Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10180

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se resolven as alegacións presentadas ás notas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 15 de decembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria:

Primeiro. Desestimar a totalidade das alegacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

Segundo. Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

María del Mar Pousa Cobas
Presidenta do tribunal