Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10373

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 4 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, modificado polo Decreto 195/1991, do 30 de maio, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

A publicación da convocatoria e da orde do día da preceptiva sesión do Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 28 e 29 de xuño de 2012 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da convocatoria da sesión do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar os días 28 e 29 de xuño de 2012, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

1. Constitución do Pleno e apertura da sesión.

2. Exposición das liñas de actuación da Secretaría Xeral da Emigración.

3. Exposición dos textos dos relatorios establecidos pola Comisión Delegada na súa última reunión.

4. Estudo dos relatorios e comunicacións presentados en comisión de traballo e preparación de conclusións.

5. Elección dos membros da Comisión Delegada para o trienio 2012-2014.

6. Sesión plenaria con lectura de conclusións definitivas, rolda de intervencións libres, proclamación de membros da Comisión Delegada e clausura dos actos do Pleno.