Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 26 de marzo de 2012 Páx. 10372

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3.º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11 de abril), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, e segundo o establecido no Decreto 261/1992, do 17 de setembro, polo que se amplía a composición da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Convocar a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño de 2012, ás 10.00 horas, no Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o 27 de xuño de 2012, ás 10.00 horas, no Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña).

1. Constitución da comisión.

2. Apertura da sesión a cargo do secretario xeral da Emigración. Informe do desenvolvemento das actividades do ano 2012.

3. Presentación do programa de actos do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

4. Estudo e aprobación dos relatorios do X Pleno do Consello de Comunidades Galegas.

5. Conformidade ás normas de elección dos membros da Comisión Delegada 2012-2014.

6. Rolda de intervencións libres.