Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (13/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 13/2010 ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 13/2010, sendo demandante Ana María Martínez García, asistida pola letrada Sra. Rodríguez Viéitez, e demandada a empresa Alternativa Betanzos 2001, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ana María Martínez García contra Alternativa Betanzos 2001, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta última a aboar a Ana María Martínez García a cantidade de 9.591,25 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Alternativa Betanzos 2001, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial