Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10768

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (222/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 222/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esther Fernández Nogueira contra a empresa Ourolar Servicios, S.L. e Enviro-Gal, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Que, estimando parcialmente a demanda formulada por Esther Fernández Nogueira, condeno de forma solidaria as empresas demandadas Enviro-Gal, S.L. e Ourolar Servicios, S.L. a que aboen á demandante a cantidade de 1.412,28 euros, á cal será de aplicación a recarga por mora do 10% anual. Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial lle corresponda asumir dentro dos límites legais.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra esta, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en legal forma a Enviro-Gal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 5 de marzo de 2012.

O secretario xudicial