Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1192/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Tania Leorza Tubio contra Exclusive Seller, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 1192/2009 ditouse a seguinte:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o 22 de febreiro de 2012.

Luis Carlos Mariana Niño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Tania Leorza Tubio, que comparece asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra como demandada Exclusive Seller, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido que, estimando a demanda formulada por Tania Leorza Tubio contra a empresa Exclusive Seller, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 496,35 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Exclusive Seller, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 7 de marzo 2012.

O secretario xudicial