Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10763

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (445/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 18.1.2012, no proceso seguido por instancia de Patricia Peña González, contra o Fogasa e a empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., e en reclamación por despedimento, rexistrado co número 445/2011, acordouse notificar á empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A. a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución din o seguinte:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Número de sentenza: 40/2012.

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 445/2011.

Na cidade da Coruña o 18 de xaneiro de 2012.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Patricia Peña González, que comparece asistida do letrado Miguel Orantes Canales, e doutra como demandada Mariscos Gallegos por Internet, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). Non comparecen ningún dos dous demandados malia estaren citados en legal forma.

Decido que, estimando a demanda interposta por Patricia Peña González contra a empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, e condeno a demandada ao aboamento dunha indemnización de 34.500,59 euros máis 26.325,01 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Mariscos Gallegos por Internet, S.A., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial