Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10761

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (505/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que a sentenza ditada o día 20.2.2012, no proceso seguido a instancia de José María Bello Varela, contra Inem e Empresa Carlos Molpeceres y Otros, S.C., e en reclamación por desemprego, rexistrado co n.º 505/2010, se acordou notificar á Empresa Carlos Molpeceres y Otros, S.C., a seguinte sentenza cuxo encabezamento e decisión di o seguinte:

«Sentenza: 00136/2012.

N.º autos: Seguridade Social 0000505/2010.

Na cidade da Coruña, 20 de febreiro de 2012.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre Seguridade Social entre partes, dunha e como demandante José María Bello Varela, que comparece asistido de letrado Sr. García Uzal e doutra como demandado Instituto Nacional de Emprego, que comparece representado polo letrado Sr. Longueira, e Carlos Molpeceres y Otros, S.C., que comparece representado e asistido do letrado Sr. Fernández Hernández.

Decido que, estimando a demanda interposta por José María Bello Varela contra o Inem-Servizo Público de Emprego Estatal e Carlos Molpeceres y Otros, S.C., debo declarar e declaro que o actor ten dereito a percibir a prestación por desemprego sobre unha base reguladora diaria de 46,26 euros condenando ás entidades demandadas a estar e pasar por tal declaración e ao Inem-Servizo Público de Emprego Estatal a aboar á demandante a prestación correcta, todo iso con responsabilidade da empresa demandada pola diferenza da base reguladora.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

E para que sirva de notificación a Empresa Carlos Molpeceres y Otros, S.C., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de marzo de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial