Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 27 de marzo de 2012 Páx. 10771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1042/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1042/09, deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Fabeiro Vilas, contra a empresa Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., Contratas y Obras Cibeira, S.L., Alcuba, S.L., sobre cantidade, ditouse a seguinte sentenza de 1.3.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Francisco Javier Fabeiro Vilas fronte a Ventilaciones Carlos Pérez, S.L., Contratas y Obras Cibeira, S.L., e Alcuba, S.L., e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade total de 4.281,06 euros en concepto de salarios, máis o 10% de xuros de demora correspondentes, debendo responder conxunta e solidariamente a mercantil Ventilaciones Carlos Pérez, S.L. pola cantidade de 4.281,06 euros, a mercantil Contratas y Obras Cibeira, S.L. pola cantidade de 1.427,02 euros e a mercantil Alcuba, S.L. pola cantidade de 2.140,53 euros, así como polos xuros de demora no pagamento das devanditas cantidades.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Contratas y Obras Cibeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial