Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (expediente C-1/2012).

En relación co expediente C-1/2012: xestión do servizo público de axuda a domicilio do Concello da Coruña mediante concerto, comunícase que, o 20 de marzo de 2012 publícase no perfil do contratante deste concello (www.coruna.es) unha aclaración sobre a cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas, polo que se amplía o prazo de presentación de ofertas ata o día 4 de abril de 2012.

A Coruña, 20 de marzo de 2012.

P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública