Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 11037

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública do proxecto de estudo de impacto ambiental (expediente 2009/0301_AIA).

De conformidade co artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, sométese a información pública durante o prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, o proxecto de estudo de impacto ambiental para a ampliación da explotación de vacún de leite a nome de S.A.T. Vila (expediente 2009/0301_AIA) sita no lugar de Cardexía-Filgueira, deste concello de Lalín.

O expediente pode ser examinado convenientemente por todas as persoas que o desexen no departamento de Urbanismo deste Concello, en horario laboral de 8.00 ás 15.00 horas, para formularen por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Lalín, 16 de febreiro de 2012.

Xosé Crepo Iglesias
Alcalde presidente